Damos comezo á nova tempada do noso fútbol. A próxima fin de semana, 21 e 22 de setembro, iníciase a competición de primeira división. Mentres a segunda división comeza os 28 e 29 de setembro.

Este ano incorpórase ás nosas competicións a liga de fútbol afeccionado da UPOFU, cuxa diferencia coas ligas ata o de agora disputadas é que os partidos da devandita liga celébranse os sábados pola mañá. Desde aquí queremos expresar a nosa benvida. Dando comezo o primeiro fin de semana de Outubro.

O regulamento de competición e os criterios de arbitraxe sofren unhas pequenas modificacións en canto ás sancións e criterios para as “mans” polo que serán obxecto dunha entrada aclarativa posterior no blogue. Ademais queremos informar das modificacións na web onde se integrou un pequeno parte meteorolóxico e unha clasificación provisional para coñecer os resultados antes de que sexan revisados polo comité os luns. Tamén se inclúe unha ferramenta económica para os directivos que amosará o estado das contas propias das diferentes penas.

Comeza a tempana número XXXVII da Asociación