Esta fin de semana comeza a liga da UPOFU, que se suma ás competicións organizadas pola Asociación. Así poderá gozar dos servizos da web e aplicación que integramos a tempada pasada. Desde aquí a nosa benvida.

A liga UPOFU dispútase desde o ano 1993. Os seus partidos xóganse os sábados pola mañá, o que permite que tanto os integrantes das nosas penas como o das súas, poidan disputar ambas as competicións por non coincidir horarios, así como usar o mesmo seguro en ambas as competicións sen incrementar o custo.

Esperamos seguir aumentando a nosa familia de fútbol afeccionado, proximamente organizarase unha competición pola semana de fútbol 7.