Primeira División

 

A segunda xornada de primeira división deixou os seguintes resultados:

 

TRANSITO 3 BENS 2 – 1 MEIRAMA

FABRICA DE ARMAS SPM 2 – 4 FINCAS HERCULES

O CANDIL 365 DWM 0 – 0 LIBERTAD

PEISACO A PIA 4 – 6 MORRIÑA

GREENPEACE 4 – 1 CASA ROXEIRO

TEXTILES GABITEX 2 – 3 O GAITEIRO

LEO CERVECERIA CROSS 1 – 11 D O BURGO

 

Casa  Roxeiro encaraba como  lider a fin de semana, pero debido á súa clara derrota ante a Greenpeace por 4-1, perde o liderado a favor da pena D O Burgo  Mandala  Shisha, que saíu gañadora do enfrontamento contra Léo Cervecería Cross na goleada da xornada 1-11.

 

Os recentemente ascendidos  Peisaco A  Pia perderon nun vibrante encontro con 10 tantos contra unha solvente A Morriña con resultado final de 4-6. Transíto 3 Bens impúxose por 2-1  á Meirama disputado en Meicende. Tamén gañou pola mínima O  Gaiteiro fronte a Téxtiles  Gabitex.

 

Fabrica de Armas  SPM e Fincas Hércules xogaron o seu partido na Universidade Laboral onde se marcaron 6 goles, saíndo gañadora Fincas Hércules cos seus 4 goles. Por último O Candil cultivou o seu segundo empate consecutivo, esta vez fronte á Libertad que estrea o seu casilleiro co devandito punto.

 

Por último hai cambio no “pichichi” da categoría onde  Damian Veiga Garcia da Morriña leva 5 goles en 2 xornadas. Mentres a Transito 3  Bens é o menos goleado con só 1 gol en contra

 

 

Segunda división

 

Os resultados da primeira xornada da tempada 2019/20 son:

SADA 2 – 4 C DE O OS CODILLOS

SILVA A ESQUINIÑA 1 – 1 FISIOSPORT

ARRANCAPINOS 0 – 2 INDEPENDIENTE

LA TERRAZA 4 – 1 ALAS DE JUPITER

MARINEDA 3 – 2 TRAMWAY

CARONIUM PETERS 1 – 5 CANARIAS LA ENCINA

PIZARRAS ARCORUÑA 4 – 0 A GRADE

 

 

A primeira xornada deixou 5 partidos con 4 goles ou máis dun total de 7 partidos. A pena de Sada perdeu fronte Os  Codillos por 2-4. Independente logrou meterlle 2 goles á  Arrancapinos que polo seu lado non logrou anotar ningún gol na súa conta.

 

 

A Terraza gañou merecidamente por un claro 4-1 a Alas de  Jupiter. Tamén marcou 4 goles Pizarras  Arcoruña por ningún da  Grade, o que converte a Pizarras no primeiro lider da tempada xunto coa peña Las Canarias.

 

A goleada da xornada obtívoa Canarias La Encina que  gañóu polo avultado resultado de 1-5 á  Caronium Peters que volven disputar esta competición. A pena  Marineda gañou por 3-2 á  Tramway, onde se marcou un gol moi temperán no primeiro minuto de partido por parte da  Marineda, dando a volta ao marcador na segunda parte a Tramway para ao final impoñerse finalmente a  Marineda. Silva A  Esquiniña empatou a 1 gol coa  Fisiosport repartindo así tamén os puntos entre eles.

 

A próxima semana empeza tamén a disputarse a liga  Upofu.

 

Próxima Xornada

Primeira División

 

Libertad     Peisaco A Pia S 05-10-19 18:00 Torre 1
Meirama     Bar Fabrica de Armas SPM S 05-10-19 18:30 Cerceda
O Gaiteiro Rossonero     Leo Cerveceria Cross S 05-10-19 20:00 Torre 1
Casa Roxeiro     Textiles Gabitex D 06-10-19 10:00 Culleredo
Morriña     Greenpeace D 06-10-19 10:00 Torre 3
IRC Deportivo     Transito 3 Bens D 06-10-19 12:00 Meicende
Fincas Hercules     O Candil 365 DWM D 06-10-19 12:00 Torre 3

 

Segunda Division

 

Independiente     Silva A Esquiniña S 05-10-19 16:00 U Laboral
Concha D Ouro Os Codillos Pizarras Arcoruña S 05-10-19 18:00 U Laboral
Compro tu Coche Tramway   La Terraza Juan Varela D 06-10-19 10:00 Meicende
Adega A Grade     Disashop Caronium Peters D 06-10-19 10:00 U Laboral
Alas de Jupiter     Arrancapinos D 06-10-19 11:00 Mondego
Fisiosport     Sada D 06-10-19 12:00 Culleredo
Las Canarias La Encina     Marineda D 06-10-19 12:00 U Laboral

 

UPOFU

 

Urbher     Indigosangria S 05-10-19 10:00 Oza
Internacional 2     KNS FC S 05-10-19 10:00 U Laboral
Colegio Abogados F11     Urbenorte S 05-10-19 12:00 U Laboral