Resultados primeira división:

PEISACO A PIA 7 – 0 GREENPEACE

O CANDIL 365 DWM 0 – 2 TEXTILES GABITEX

FABRICA DE ARMAS SPM 5 – 3 LEO CERVECERIA CROSS

TRANSITO 3 BENS 2 – 4 MANDALA SHISHA – S11

IRC DEPORTIVO 5 – 3 O GAITEIRO

MEIRAMA 1 – 5 CASA ROXEIRO

FINCAS HERCULES 4 – 1 LA CONSENTIDA

O líder, MANDALA SHISHA – S11, mantén a distancia de 3 puntos sobre FINCAS HERCULES, segundo clasificado, xa que ambos gañaron os seus respectivos duelos, ademais tamén anotaron o mesmo número de goles, 4. O mesmo pódese dicir do terceiro, FABRICA DE ARMAS SPM, e o cuarto, CASA ROXEIRO, clasificados que do mesmo xeito que o dúo na cabeza venceron por igual número de goles, 5 neste caso. Mentres tanto o quinto e sexto caeron derrotados pero seguen loitando polas primeiras posicións da táboa xa que entre o primeiro e sexto só hai unha diferenza de 5 puntos. PEISACO A PIA logrou a goleado da xornada endosándolle un 7-0 á GREENPEACE, con esta vitoria, PEISACO A PIA, supera a TRANSÍTOA 3 BENS na clasificación quedando na zona media da táboa.

A loita polo pichichi arroxa un triplo empate na cabeza a 12 goles: Adonis Garcia Castro, Diego Iglesias Feijoo, Diego Pavon Rodriguez. E como curiosidade ningún pertence á  MANDALA SHISHA – S11 que é a actual primeira clasificada como equipo máis goleador.

A xornada en segunda división:

ALAS DE JUPITER 4 – 1 TRAMWAY 

INDEPENDIENTE 3 – 2 CANARIAS LA ENCINA

FISIOSPORT 2 – 5 A GRADE

C DE O OS CODILLOS 3 – 1 CARONIUM PETERS

SADA 0 – 2 MARINEDA

SILVA A ESQUINIÑA 1 – 3 LA TERRAZA

PIZARRAS ARCORUÑA 1 – 2 ARRANCAPINOS

Os tres primeiros clasificados, MARINEDA, CONCHA D OURO OS CODILLOS, A TERRAZA JUAN VARELA, terminaron os 90 minutos dos seus partidos con claras vitorias, en todos eles cunha diferenza co equipo contrario de 2 goles. Polo seu lado o líder MARINEDA logra o seu quinto partido consecutivo coa portería a 0, é de destacar que en toda a competición só encaixou 5 goles sendo con diferenza a menos goleada, seguida da TERRAZA con 7 goles recibidos.
ALAS DE JUPITER ao vencer por 4-1 á TRAMWAY iguálase co grupo perseguidor dos primeiros clasificados, así en só 1 punto que separa o cuarto clasificado, As CANARIAS LA ENCINA JAMONERIA, do sétimo, INDEPENDENTE, incluíndo neste grupo a Ás DE JUPITER e á ARRANCAPINOS.
O faroliño vermello da clasificación, A GRADE, logra a súa primeira vitoria e así estrea a súa marcadora de puntos. Os 5 equipos por diante súa perderon os seus encontros da fin de semana co que a parte baixa da táboa tamén se aperta.

Un só gol de diferenza separa ao primeiro no trofeo pichichi, Iago Carril Sestayo, e o segundo Daniel Fernández García. O equipo máis goleador é o cuarto clasificado na xeral, As CANARIAS LA ENCINA JAMONERIA o que rompe o costume de que sexa o primeiro ou segundo clasificado.

Resultados na UPOFU:

URBENORTE 8 – 5 URBHER

COLEGIO ABOGADOS F11 4 – 4 K.N.S. C.F.

INDIGOSANGRIA 1 – 1 INTERNACIONAL 2

A vitoria de URBENORTE mantén a súa imbatibilidade no torneo grazas á súa vitoria sobre URBHER. Os outros 2 encontros terminaron en empate. É curioso que o terceiro clasificado, INDIGOSANGRIA, sexa o equipo menos goleado da competición e leve aínda menos goles a favor, así é o rei do empate con 4 e rendibiliza ao máximo os seus goles a favor para obter 2 vitorias.

Máis información en:

www.asociacioncoruna.es