Neste ano 2020 comezamos os partidos esta próxima fin de semana. En primeira e segunda división continúase coa competición de liga. Queda posposta a última xornada antes do nadal que houbo que suspender polo temporal, será disputada á conclusión do calendario regular, sendo así a última xornada que se dispute de liga.

Na liga UPOFU terminarán na próxima semana o torneo Apertura, comezando a continuación o torneo Clausura que terminará no mes de Abril.

Esperamos que o novo ano traia moitos partidos, goles e sobre todo diversión por gozar do fútbol.

Máis información en:

www.asociacioncoruna.es