Esta pasada fin de semana disputouse a 3ª xornada de primeira división cos seguintes resultados:
IRC DEPORTIVO 1 – 1 TRANSITO 3 BENS
MEIRAMA 6 – 2 FABRICA DE ARMAS SPM
FINCAS HERCULES 1 – 1 O CANDIL 365 DWM
LIBERTAD 1 – 3 PEISACO A PIA
MORRIÑA 0 – 0 GREENPEACE
CASA ROXEIRO 4 – 2 TEXTILES GABITEX
O GAITEIRO 4 – 4 LEO CERVECERIA CROSS
Déronse 4 empates na xornada. O que volve marcar a igualdade desta categoría. Mentres o partido con máis goles foi o que disputaron a Meirama contra a Fábrica de Armas SPM, onde o primeiro impúxose por un contundente 6-2. O actual campión, Casa Roxeiro, gañou por 4 goles a 2 a Téxtiles Gabitex. Por último o recentemente ascendido Peisaco A Pía logrou marcarlle 3 goles á Liberrtad que só anotou 1 gol, saíndo gañador Peisaco do encontro.
A 2ª xornada de segunda división deixou estes marcadores:
C DE O OS CODILLOS 0 – 1 PIZARRAS ARCORUÑA
FISIOSPORT 2 – 0 SADA
INDEPENDIENTE 4 – 1 SILVA A ESQUINIÑA
ALAS DE JUPITER 3 – 4 ARRANCAPINOS
TRAMWAY 1 – 3 LA TERRAZA
CANARIAS LA ENCINA 1 – 1 MARINEDA
A GRADE 0 – 3 CARONIUM PETERS
Como contrapartida á primeira división nesta categoría só rexistrouse un empata a 1 entre as Canarias La Encina e a peña Marineda. A peña Arrancapinos impúxose a Alas de Jupiter por un axustado 3-4. Fisiosport gañou claramente á peña Sada por 2-0. A Caronium Peters gañou por 3 goles a 0 a A Grade, partido disputado que se decidiu por pequenos detalles pero que arroxa un claro gañador. A Tramway caeu por 1-3 fronte á Terraza.
Pizarrass Arcoruña impúxose pola mínima nun igualado partido ante Os Codillos. Por último a Independente logrou golear por 4-1 a Silva A Esquiniña.
A xornada inaugural da tempada da UPOFU quedou así:
COLEGIO ABOGADOS F11 2 – 6 URBENORTE
URBHER 1 – 1 INDIGOSANGRIA
INTERNACIONAL 2 3 – 1 K.N.S. C.F.
Ningún dos equipos logrou deixar a súa portería a cero. A Urbher e Indigosangría empataron a 1 gol. A peña Internacional 2 logrou a vitoria fronte a K. N.S. C. F. por un claro 3-1. Mentres Urbenorte obtivo a goleada da xornada ao impoñerse por 2-6 ao Colegio Abogados F11. Estes resultados aúpan como primeiro líder a Urbenorte grazas ao seu contundente goleada.
Más información en:
www.asociacioncoruna.es
Hola. Podías enviarme el número de móvil de la persona q lleva la comunicación a redaccion@direccion@
21noticias.com
Gonzalo Soto