Resultados primeira división:

TRANSITO 3 BENS 1 – 4 FABRICA DE ARMAS SPM

IRC DEPORTIVO 3 – 5 O CANDIL 365 DWM

MEIRAMA 3 – 2 PEISACO A PIA

FINCAS HERCULES 5 – 3 GREENPEACE 

LIBERTAD 2 – 1 TEXTILES GABITEX 

MORRIÑA 2 – 1 LEO CERVECERIA CROSS 

CASA ROXEIRO 3 – 4 MANDALA SHISHA – S11

Esta semana anotáronse gran cantidade de goles, polo menos 3 ou máis goles por partido. Destacan os 8 da IRC Deportivo contra O Candil 365 DWM, onde saíu gañadora a última. Tamén se impuxo por 1-4 a Fábrica de Armas SPM sobre Transito 3 Bens.

Mandala Shisha – S11 anotou 4 goles mentres que o campión da última liga, Casa Roxeiro, só puido meter 3. A Libertad e Morriña gañaron pola mínima nos seus respectivos partidos. Fincas Hércules e Greenpeace disputaron un encontro igualado onde Fincas impúxose por 5-3. Por último Meirama gañou por 3-2 a Peisaco A Pia.

En segunda división os encontros arroxan os seguintes resultados:

FISIOSPORT 3 – 6 PIZARRAS ARCORUÑA

INDEPENDIENTE 1 – 1 C DE O OS CODILLOS 

ALAS DE JUPITER 4 – 1 SADA

TRAMWAY 2 – 4 SILVA A ESQUINIÑA 

CANARIAS LA ENCINA 3 – 0 ARRANCAPINOS

A GRADE 0 – 5 LA TERRAZA 

CARONIUM PETERS 2 – 7 MARINEDA

Pizarras segue como líder grazas á súa vitoria sobre Fisiosport. A Terraza gañou claramente á Grade por 5-0. Mentres o terceiro clasificado, Marineda, impúxose por un contundente resultado de 2-7 que lle endosou á Caronium Peters.

Alas de Jupiter gañou, claramente, por 4-1 á Sada que este ano aínda non logrou ningunha vitoria. Independente e C de o Os Codillos empataron a 1 gol. A Tramway non logrou derrotar a Silva a Esquiniña que logra o seu primeiro triunfo da tempada. Mentres Canarias la Encina superou por 3-0 á Arrancapinos que a supera tamén na clasificación xeral.

A liga Upofu:

 

Urbenorte empézase a distanciar na clasificación xeral, no seu último partido disputado gañou a Urbher cun resultado de 4-8. Internacional 2 e Indigosangria empatan a 0 o que demostra o gran nivel das defensas de ambos os equipos. K. N. S. C. F. gañou 6-4 ao Colexio de Avogados F11

URBHER 4 – 8 URBENORTE

K.N.S. C.F. 6 – 4 COLEGIO ABOGADOS F11 

INTERNACIONAL 2 0 – 0 INDIGOSANGRIA

Máis información en:
www.asociacioncoruna.es