A pasada fin de semana disputouse a xornada inaugural da liga de primeira división organizada pola Asociación.

Os resultados foron os seguintes:

MEIRAMA 1 – 2 IRC DEPORTIVO

FINCAS HERCULES 0 – 1 TRANSITO 3 BENS

LIBERTAD 1 – 3 FABRICA DE ARMAS SPM

MORRIÑA 1 – 1 O CANDIL 365 DWM

CASA ROXEIRO 6 – 1 PEISACO A PIA

O GAITEIRO 5 – 3 GREENPEACE

D O BURGO 5 – 1 TEXTILES GABITEX

O vixente campión, Casa Roxeiro, enfrontábase ao recentemente ascendido e actual campión de segunda división, Peisaco A Pia, nun duelo a priori igualado. Aínda así o campión Casa Roxeiro demostrou o bo momento que atravesa impoñéndose por un contundente resultado de 6-1 ao seu favor.

D O Burgo tamén obtivo un avultado resultado sobre Téxtiles Gabitex cun 5-1 que lle serve para posicionarse xa como segundo clasificado. Máis igualados foron os Liberdade – Fábrica de Armas SPM e  O Gaiteiro – Greenpeace saíndo como gañadores por un diferenza de 2 goles tanto O Gaiteiro como Fábrica de Armas SPM, este último alcanza a terceira posición na clasificación xeral.

O partido que disputaron o sábado a Meirama contra a IRC Deportivo resolveuse a favor desta última por unha diferenza mínima de 1 gol. Igualmente Transíto 3 Bens impúxose por un axustado 0-1 a Fincas Hercules o que ademais coloca a Transíto 3 Bens como pena menos goleada na clasificación. Por último A Morriña e O Candil 365 DWM empataron a 1 gol o que dá mostras da igualdade entre as diferentes peñas.

Destacar que a pena Roxeiro sitúase como peña máis goleadora e levanta ao seu dianteiro Diego Iglesias Feijoo como pichichi da categoría.

A próxima fin de semana disputarase a segunda xornada así como comeza a competición a segunda división.

Xa para terminar queremos facer un recordatorio para que os integrantes de todas as peñas coiden as instalacións deportivas, e sigan as indicacións pertinentes para poder seguir gozando do noso fútbol.