Os resultados da xornada poden ser consultados en:
Para consultar hai que seleccionar categoría e xornada.
En Primeira división a derrota do anterior líder, Casa Roxeiro, contra o actual cuarto clasificado, faille perder o primeiro posto. O novo líder é Fincas Hércules, que despois da súa vitoria contra Téxtiles Gabitex avantaxa en 2 puntos ao segundo. É de apuntar que o primeiro disputou xa 20 partidos,19 o segundo e 18 o terceiro polo que os partidos aprazados e os descansos van ser moi importantes. Calquera deles pode saír primeiro segundo os resultados dos seus partidos aprazados.
A goleada da xornada logrouna MANDALA SHISHA – S11 por 2-6 sobre A CONSENTIDA.
O pichichi está moi igualado con 2 xogadores cunha media superior a 1 gol por xornada:
Pablo Augusto Barca Cipriano | MEIRAMA | 22 |
Diego Iglesias Feijoo | CASA ROXEIRO | 22 |
Bruno López Sandá | D O BURGO MANDALA SHISHA – S11 | 17 |
Clasificacións de primeira e segunda:
En segunda división segue o duelo polo liderado con 2 equipos empatados a 41 puntos. Polo momento segue como líder a MARINEDA pola diferenza de goles, derrotou por un claro 5-2 a LOUSAS ARCORUÑA. O outro equipo con 41 puntos na táboa é CONCHA D OURO VOS CODILLOS que se impuxo pola mínima a Ás DE JUPITER por 2-3.
O terceiro endosou un contundente 0-6 á CARONIUM PETERS. Doutra banda é de destacar as goleadas de CANARIAS LA ENCINA a SILVA A ESQUINIÑA por un 7-0 e o resultado con aínda máis goles pero igual diferenza de INDEPENDENTE sobre FISIOSPORT por un 8-1.
Os goleadores son:
Iago Carril Sestayo | LAS CANARIAS LA ENCINA JAMONERIA | 17 |
Daniel Fernández García | CONCHA D OURO OS CODILLOS | 17 |
Marcelo Maximiliano Tejada Arcos | INDEPENDIENTE | 14 |
Na Upofu os resultados foron:
Así o líder, INDIGOSANGRIA, mantense con clara vantaxe sobre o segundo clasificado, URBENORTE INMOBILIARIA que terminou como campión do torneo apertura. Mentres K. N.S. C. F. venceu por un só gol de diferenza sobre INTERNACIONAL 2 por 2-1.
Clasificación Upofu:
Por último comentar o seguimento da xornada que nos dispensa Deporte Campión:
https://www.dxtcampeon.com/articulo/local/fincas-hercules-primera/20200303202026049500.html
Mais información en:
Comentarios recentes