Esta semana os resultados en primeira división ha sido:

GREENPEACE 1 – 1 O CANDIL 365 DWM 

TEXTILES GABITEX 0 – 4 FABRICA DE ARMAS SPM

LEO CERVECERIA CROSS 1 – 2 TRANSITO 3 BENS 

MANDALA SHISHA – S11 5 – 1 IRC DEPORTIVO

O GAITEIRO 1 – 1 MEIRAMA 

CASA ROXEIRO 1 – 6 FINCAS HERCULES

LA CONSENTIDA 2 – 4 LIBERTAD

O líder, MANDALA SHISHA – S11, logrou unha cómoda vitoria contra o antepenúltimo, IRC DEPORTIVO, por un contundente 5-1. O Gaiteiro Rossonero perdeu o primeiro posto da clasificación debido o seu empate a 1 gol contra a Meirama. Fincas Hércules sitúase terceiro na clasificación despois da goleada que lle endosou a Casa Roxeiro, campión da anterior tempada na actual vai sexto, por un 1-6. FABRICA DE ARMAS SPM gañou claramente a TÉXTILES GABITEX por  0-4 quedando o primeiro como quinto clasificado, con 19 puntos, empatado coa MEIRAMA e FINCAS HERCULES. Os 7 primeiros clasificados están moi igualados xa que despois de 10 xornadas existe unha mínima diferenza de 5 puntos.

As vitorias da Libertad e Tránsito 3 Bens acabaron por situalos na zona media da táboa. Por último Greenpeace e O CANDIL 365 DWM empataron a 1 resultado que descolga lixeiramente ao primeiro pola loita do campionato como non permite ao segundo achegarse á cabeza da clasificación.

O pichichi do campionato leva 12 goles o que supón  máis de 1 gol por partido disputado. A igualdade é tal que o equipo menos goleado é o cuarto, Meirama, na clasificación.

En segunda división os marcadores quedaron da seguinte maneira:

ALAS DE JUPITER 4 – 3 PIZARRAS ARCORUÑA 

TRAMWAY 2 – 2 INDEPENDIENTE

CANARIAS LA ENCINA 4 – 3 FISIOSPORT 

A GRADE 5 – 8 C DE O OS CODILLOS

CARONIUM PETERS 1 – 8 SADA

MARINEDA 2 – 0 SILVA A ESQUINIÑA 

LA TERRAZA 0 – 0 ARRANCAPINOS

O líder continúa sendo a Marineda que esta fin de semana venceu por 2-0 a Silva a Esquiniña logrando a cuarta semana consecutiva deixando a portería a 0, e ser o equipo menos goleado da categoría. OS CODILLOS impúxose á GRADE por 5-8 pero dando mostra da clara melloría do equipo que actualmente ocupa o faroliño vermello da división que logra meterlle 5 goles ao segundo clasificado. O terceiro clasificado, A TERRAZA, afástase do líder ao non lograr vencer á ARRANCAPINOS deixando o partido nun 0-0. O resultado máis contundente da xornada obtívoo a SADA que venceu por 1-8 á Caronium Peters, a semana próxima, a SADA, mídese ao líder e veremos se a súa melloría permítelle seguir vencer aos da parte alta da táboa.

ALAS DE JUPITER venceu por 4-3 a PIZARRAS ARCORUÑA superándoo tamén na xeral e alcanzando a quinta posición. Mentres CANARIAS LA ENCINA segue subindo postos ata a cuarta posición despois da vitoria por 4-3 sobre FISIOSPORT. A TRAMWAY e INDEPENDENTE empataron a 2 goles que lles serve para seguir sumando puntos.

Na UPOFU os partidos quedaron así:

INTERNACIONAL 2 2 – 7 URBENORTE

K.N.S. C.F. 2 – 2 INDIGOSANGRIA

URBHER 4 – 2 COLEGIO ABOGADOS F11

URBENORTE venceu claramente á INTERNACIONAL 2 polo resultado de 2-7 así quedando por disputarse 3 partidos do torneo de apertura e levándolle 11 puntos ao segundo clasificado, K. N.S. C. F., álzase co campionato matematicamente, o seu torneo ata o momento foi perfecto con todos os seus partidos gañados sendo, ademais, o máis goleador e 2 dos seus xogadores ocupan a primeira e segunda posición na táboa de máximos goleadores. Parabén!!

URBHER impúxose a COLEXIO ABOGADOS F11 por un 4-2 que deixou un emocionante partido. O empate a 0 entre K. N.S. C. F. e INDIGOSANGRIA deixou igual as súas respectivas posicións na táboa que loitarán polo subcampeonato xa que só hai un punto de diferenza entre ambos.

Máis información en:

www.asociacioncoruna.es