A última xornada deparou un cambio de líderes en ambas as divisións.

Por unha banda en primeira división a campioa da tempada pasada colócase líder despois de que a peña Fincas Hércules saíse derrotada por un 0-3 fronte a Peisaco A Pía.
A igualdade na categoría é máximo onde do primeiro ao sexto clasificado, Meirama, apenas hai 7 puntos ou o que é o mesmo menos de 3 partidos de diferenza e acábase de iniciar a segunda volta.

Resultados de primera y segunda:

calendario liga peñas

O pichichi é Diego Iglesias Feijoo de Casa Roxeiro con 21 goles, é dicir máis dun gol por partido disputado.

Mentres en segunda división a peña Marineda recupera o liderado despois dun par de semanas. Os Codillos perdeu o primeiro posto despois de perder contra Independente. Os 3 primeiros clasificados están en menos de 2 puntos, o que en calquera fin de semana pode haber un cambio de liderado.

Na liga Upofu Indigosangría continúa á fronte da clasificación xa mediado o campionato clausura. Estas últimas semanas foron un pouco descafeinadas debido ás incomparecencias en varios partidos.

Resultados Upofu:

CALENDARIO CLAUSURA LIGA UPOFU

Por último lembrar ao noso compañeiro Miguel Pousa, falecido a semana pasada, o mellor exemplo dunha persoa dedicada e implicada na liga.

Máis información en :
www.asocacioncoruna.es