Resultados de en primeira división:

PEISACO A PIA 2 – 2 FABRICA DE ARMAS SPM

GREENPEACE 1 – 0 TRANSITO 3 BENS

TEXTILES GABITEX 4 – 2 IRC DEPORTIVO

LEO CERVECERIA CROSS 0 – 3 MEIRAMA

MANDALA SHISHA – S11 4 – 3 FINCAS HERCULES

O GAITEIRO 9 – 3 LIBERTAD 

CASA ROXEIRO 3 – 0 LA CONSENTIDA

O Gaiteiro logra a goleada da xornada co avultado marcador de 9-3 fronte a Libertad. Greenpeace impúxose pola mínima, axustado 1-0, contra Transito 3 Bens. Tanto Casa Roxeiro como a Meirama gañaron por 3-0 os seus respectivos partidos. Empate xusto entre Peisaco e Fábrica de Armas SPM. Téxtiles Gabitex e IRC Deportivo ofreceron un partido vibrante co resultado final de 4-2 a favor de Gabitex. Mandala Shisha S11 impúxose a Fincas Hércules por un axustado 4-3.

En segunda división:

INDEPENDIENTE 2 – 1 PIZARRAS ARCORUÑA

ALAS DE JUPITER 5 – 2 FISIOSPORT

TRAMWAY 1 – 6 C DE O OS CODILLOS

CANARIAS LA ENCINA 4 – 1 SADA

A GRADE 1 – 2 SILVA A ESQUINIÑA 

CARONIUM PETERS 5 – 6 ARRANCAPINOS 

MARINEDA 1 – 0 LA TERRAZA

A xornada en segunda división foi unha das máis goleadoras do que vai de campionato. A parte de arriba da táboa foise enfrontando nestas últimas semanas quedando a pena Marineda destacada en primeira posición despois de gañar pola mínima á Terraza esta pasada fin de semana. Alas de Jupiter gañou por 5-2 a Fisosport. Independente logrou alzarse coa vitoria fronte a Pizarras Arcoruña que estaba na parte alta da táboa. Na zona baixa tanto Tramway como Sada e A Grade seguen sen lograr unha vitoria esta tempada, onde os seus respectivos rivais lograron gañarlles, Canarias, Silva a Esquiniña e Os Codillos. Por último destacar o partido entre a Caronium Peters e Arrancapinos cun resultado final de 5-6.

A liga Upofu torneo Apertura:

K.N.S. C.F. 2 – 3 URBENORTE

INTERNACIONAL 2 1 – 4 URBHER

INDIGOSANGRIA 2 – 0 COLEGIO ABOGADOS F11

Axustado encontro entre a K. N.S. C. F. e Urbenorte onde este último impúxose por 2-3. Mentres Urbher logra a primeira vitoria da tempada contra Internacional 2. Por último Indigosangría vence por 2-0 a Colexio de Avogados F11.

Máis información en:

www.asociacioncoruna.es