SOBRE Á ASOCIACIÓN

HISTÓRICO DA LIGA

asociación deportivo cultural: liga de peñas da coruña

Levamos máis de trinta anos organizando torneos de fútbol de peñas, trátase da competición de peñas máis antiga e das máis coñecidas na Coruña e os seus arredores. Este colectivo componse dunhas 1000 persoas entre xogadores, adestradores, delegados, directivos, etc. aos que hai que engadir os distintos socios e afeccionados que arrastra cada club. Antes de existir este tipo de asociacións as peñas de fútbol organizaban partidos esporadicamente, coa dificultade que comportaba o buscar campos e adversarios cada semana xurdindo así a necesidade de crear unha liga organizada. Foi no ano 1984 cando se organizou a primeira edición, que constaba de 8 equipos.

As peñas son equipos formados por grupos de amigos e coa finalidade de practicar o deporte do fútbol de maneira totalmente afeccionado. A maior parte dos seus compoñentes non teñen posibilidade de xogar en equipos federados ou veteranos, pola súa idade, nivel ou non poder asistir aos adestramentos.

Moitas destas peñas realizan outros tipos de actividades, como: ceas, viaxes, torneos de cartas, seguimento dalgún club de fútbol, etc. A sede destas peñas adoita fixarse en bares e cafeterías, onde se reúnen os compoñentes destas penas e dos que adoitan recibir algún tipo de patrocinio.

comité organizador

O comité organizador da liga de peñas da asociación está composto por presidente, vicepresidente, secretario, tesoureiro e tres vocais. Estes cargos son voluntarios e gratuítos.

Encárganse de actividades tales como a confección do calendario, aluguer das instalacións, altas e baixas de xogadores, contratación de seguros, revisión das actas dos partidos (sancións, resultados, goleadores, incidencias, etc.,). Creación dun boletín semanal con clasificacións, resultados, calendarios, sancións, noticias, etc.). Actualización dos datos na web, Facebook, etc. Comunicación a prensa. Organización das reunións semanais e asembleas. Xestión económica.

Comité Organizador

Presidente: José Manuel  González

Vicepresidente: Fernando Árias

Secretario: Jesús Prado

Tesoureiro:  María Castro

Vocais: Miguel Pousa, Luisa Souto, Manuel Iglesias e  Víctor  Rodríguez