Debido aos acontecementos derivados da declaración pola OMS de pandemia por coronavirus, o Comité Organizador da Liga de Peñas resolveu o aprazamento das 2 próximas xornadas de liga, fins de semana do 14-15 de Marzo e 21-22 de Marzo. Á espera de posibles novos aprazamentos pola mesma causa, continuaremos informando das resolucións do devandito Comité.

As xornadas aprazadas disputaranse ao termo do calendario regular coas posibles incidencias no torneo de copa así como a súa duración e formato.

Desde o Comité queremos facer un chamamento á calma e seguir as recomendacións do Ministerio de Sanidade:

https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludpublica/ccayes/alertasactual/ncov-China/ home.htm